DÍA DA PAZ

Celebramos o Día da Paz todos xuntos, cativos e maiores, saíndo a rúa para que o noso acto pola Paz sexa visto por todos e poidamos así contaxiar este desexo. Nestes días os alumnos prepararon palabras, frases, debuxos para expresar desexos de paz.

“O amor é mellor que o odio, a non violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra,”

“A paz comenza cun sorriso”

“A paz non se merca con diñeiro”

“As palabras doen, úsalas con coidado”

VER FOTOS

 

 

 

ATLETISMO

O mércores 25 de xaneiro, o Colexio Monterrey participou nun campionato escolar zonal de campo a través que se celebrou  en Zamáns. O Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia foi o encargado da organización do mesmo.

Os nosos corredores tiveron unha moi boa actuación quedando dous deles en 4º posto, como son XOAQUÍN GARRIDO GOMES en categoría alevín e ABEL DOMÍNGUEZ MÁRQUEZ en categoría cadete. Na categoría benxamín femenino a nosa campiona SALOMÉ PARENTE FERNÁNDEZ  cun merecidísimo primeiro posto.

VER FOTOS

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Translate »