XADREZ

Os alumnos de 4º de primaria tiveron unha clase moi especial na que ademáis de divertirse aprenderon a escoitar con atención, e sobre todo a pensar. Héctor, compañeiro da clase, fixo de profe por un día compartindo os seus coñecementos de xadrez.

TRABALLANDO PROXECTOS EN ESO

Os mostramos os resultados dos traballos realizados polos alumnos de 3º e 4º da ESO no obradoiro “Creando publicidade” no que fixeron vídeos publicitarios de Vitrasa. Estes son os vídeos elexidos para enviar a Vitrasa.

 

TRABALLANDO PROXECTOS. GLOBOS AEROSTÁTICOS

Os globos aerostáticos foi un dos obradoiros desenvolvidos polos alumnos de primaria na semana dedicada aos “medios de transporte”. Neste obradoiro aprenderon que os globos aerostáticos funcionan grazas á diferenza de densidade do aire dentro do globo con respecto ao aire exterior. Dentro do noso globo hai aire quente que é menos denso que o aire exterior. Segundo o Principio de Arquímedes, o aire quente, ó ser menos denso, pesará menos que o aire exterior e, por tanto, recibirá unha forza de empuxe cara arriba que fará ascendelo globo.

Translate »