Liga de Natación Escolar

O domingo 3 de decembro, celebrouse a Liga de Natación Escolar, organizada polo Concello de Vigo e polo Club Natación Vigo Rías Baixas, na piscina municipal do Carme. A liga consta de 3 xornadas e nesta primeira os nosos nenos e nenas nadaron como peixes na auga, tanto en categoría Promesas, como en Benxamíns. Parabéns.

SEMANA TEMÁTICA: “RURALÍZATE”

Nesta semana aprendimos e disfrutamos cos diferentes obradoiros que os mestres prepararon para todos nós. Ademais realizamos unha saída aos Muíños de Barosaae a Casa da Tía Obdulia. Pensamos que foi unha experiencia moi didáctica e divertida para todos, pero sobre todo, para todos aqueles rapaces que non coñecen o rural.

 

VISITA A EROSKI

O meu DÍA NO EROSKI

Ola, chámome Alejandro Bao Rodríguez e fixemos, os meus compañeiros, a miña titora e eu, unha saída moi chula: fomos ao Eroski. Os temas tratados foron: Hábitos saudables, uso responsable e reciclaxe. De camiño ao supermercado todo foi moi ben, a verdade que demasiado ben… Cando chegamos, o primeiro que fixemos foi ir á panadería. Ao meu amigo Xoa e a min facíallenos a boca auga con tantos donuts e empanadas. Despois fomos á frutería. Había unha chea de froitas, e cada cal máis rica. Máis tarde, chegamos á sección de carnicería, onde nos ensinaron a roupa que levaban posta, os utensilios, … Polo mesmo corredor fomos á peixaría, onde nos ensinaron todas as clases de peixe que tiñan. Uns metros despois, chegamos aos produtos lácteos e á zona de droguería. Uns minutos despois chegou o mellor: A FROITA!…Estaba todo riquísimo e mesmo xogamos a xogos moi divertidos. E entón chegou o momento de dicir adeus. Ao irnos déronnos a cada un unha bolsa con agasallos e un vale de desconto. O único malo da volta foi que choveu e empapámonos, pero, Que máis dá?. E esta foi a miña experiencia no Eroski. Ata logo!.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Cross escolar, 30 de Novembro do 2017

SALOMÉ PARENTE FERNÁNDEZ( benxamín ) ABEL DOMÍNGUEZ MÁRQUEZ (cadete ) e UXÍA VIDAL MÁRQUEZ ( alevín ) primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente, os tres medallistas do Colexio Monterrrey no Cross escolar celebrado en Zamáns o día 30 de Novembro do 2017. Éste Cross zonal foi organizado polo Servicio Provincial de Deportes( Xunta de Galicia )
A todos os 30 corredores parabéns pola súa participación, e polo seu esforzo.

Un día de Rugby

RUGBY en el Colegio Monterrey. Durante la semana pasada los niños y niñas, contaron con la presencia de Diego , entrenador de la Escuela de Vigo Rugby Club.Se hizo especial hincapié en evitar el juego sucio y las malas prácticas, potenciando la nobleza y el respecto.
¡ Jugando al rugby podrás ganar o perder, pero lo principal es divertirse!

SEMANA TEMÁTICA: “A HORTA 2”

Despóis das explicacións e exposicións de distintas plantas, os nenos e nenas de Primaria e Infantil, coñeceron a través do sentido do olfato, as distintas plantas aromáticas. E na horta do colexio comprobaron o traballo que supón plantar unha sinxela verdura.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

SEMANA TEMÁTICA: “A HORTA”

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria, na Semana Temática de ” ruralízate” , estiveron traballando na horta do cole.

Conocer(as plantas )
Arrancar ( herbas )
Trasplantar (navicol, acelgas )
Cavar ( a terra )
Plantar ( a verdura )
Podar ( as plantas )
Facer ( vasoiras de xesta )
Cheirar ( plantas aromáticas)
Cantar e facer ( ritmos coas distintas partes do corpo e aperos de labranza, cos máis cativos)
Todos estes verbos son un resumo da nosa colleita.

MAGOSTO

Celebrando o magosto xunto co xa tradicional partido de fútbol solidario que co diñeiro recollido mercarán alimentos para levar a un comedor social.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

SEMANA TEMÁTICA: VISITA A ECOLECTIVO

Os alumnos de Secundaria, na semana temática “ruralízate” visitaron ECOLECTIVO, un grupo de persoas que traballan o campo da permacultura, que é unha maneira diferente de facer agricultura ecolóxica, porque abarca aspectos como a economía, a bioconstrucción, as enerxías renovables, o tratamento natural das augas, as relacións socoais e o desenvolvemento comunitario.

A permacultura é sostenibilidade, é coidado da terra e tamén unha forma de vivir e sentir.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

SEMANA TEMÁTICA: “RURALÍZATE”

VISITA Á CASA RURAL DA TÍA OBDULIA

Os alumnos da Infantil e Primaria, na semana temática “ruralízate” puideron comprobar na CASA RURAL DA TÍA OBDULIA en Rebón( Moraña) todo o proceso da colleita do millo. Na leira cortárono, esfollárono, debullárono e as espigas leváronas á cabana. Máis tarde peneiraron a fariña de millo e meteron as bolas de pan no forno. Logo viron os distintos animais da granxa, os aperos de labranza e mesmo un lagar, un alambique e a bodega cos barriles de viño. Todo un museo rural
Ao final da visita puideron probalo pan.
Todo isto combinárono coa visita aos muiños de Barosa.
Noa Veiga describe así esta visita:
“Fomos de excursión ao rural. Primeiro visitamos Barro (Pontevedra), alí vimos un muíño moi antigo chamado A Barosa. O mozo que explicaba era moi simpático. Os primeiros en entrar foron os pequenos, entramos por grupos dado que o sitio era moi reducido. Mentres tanto 3º, 5º, 6º subimos unhas escaleiras e unhas rocas para ver unha fervenza súper bonita, foi moi divertido. Logo tivemos 15 minutos soamente para merendar aínda que nos chegou dabondo. Despois de merendar, entramos no muíño. Explicáronnos como se moía o millo para facer o pan, pasteis… Máis tarde subimos á parte de arriba onde se atopaba o forno de pedra, tamén nos explicaron como funcionaba, como o limpaban… Esta visita gústome bastante. Logo fomos a “A casa da tía Obdulia”, chegamos xustos de tempo porque nos perdemos dúas veces… Alí esfollamos o millo e gardámolo no hórreo. Despois diso vimos prensas de viño… E por último probamos pan de millo. Estaba súper rico e o mellor é que estaba feito ao forno de pedra. Pásamolo xenial.”

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Translate »