Os seus comezos débense a un grupo de colaboradores que xuntando ánimos e xuventude decidiron fundar un centro escolar alá polos anos 70. Concretamente foi no ano 1974 cando se decidiron a pórlle o nome de Colexio Monterrey. Na súa primeira andaina era un centro totalmente privado e contaba con gran número de alumnos.

Anos máis tarde solicitou o concerto e con motivo da reforma educativa, tivo que ampliar o seu ámbito pedagóxico para poder impartir tamén a ESO. Creouse, entón, un novo edificio separando as instalacións de Infantil- Primaria por un lado e Secundaria por outro. Todo isto fixo que aumentara o número de alumnos e houbo tamén que cambiar a plantilla de profesores, que entraron a formar parte dunha sociedade que traballa única e exclusivamente para o benestar dos seus alumnos. A implicación na tarefa educativa é o punto esencial desta organización e grazas o seu labor xa ten logrados algúns méritos a nivel nacional coma o programa que está a desenvolver para acadar un sistema educativo baseado na Calidade Educativa de Excelencia.

No ano 2010 ampliouse a zona de recreo ou patio escolar. Está en continuo desenvolvemento para conseguir un maior beneficio nos seus estudiantes e dispor dun bo lugar de ocio é tamén importante para o seu desenvolvemento na actividade escolar, unha actividade que require moitas horas de traballo dedicadas con esforzo a reunións, a seminarios, a titorías e ás familias para se integren cada vez máis na labor da educación dos seus fillos.

Actualmente o Colexio Monterrey defínese como un centro moi acolledor, onde o coñecemento e o trato cos seus alumnos é moi individualizado, e que conta cun gran equipo de asesoramento tanto no nivel educativo coma no profesional.

cole8

Translate »