inicio

 

 

 

 

             CENTRO  CONCERTADO

                        DE  CALIDADE

MONTERREY

C/ Montecelo  Alto, 41 (a 1 minuto

  do  Centro Comercial Travesía)

    VIGO  Tlf-fax: 986 272 047

COLEXIO

Cuadro de texto: CALIDADE EDUCATIVA

 

         O colexio Monterrey de Vigo vén desenvolvendo desde o ano 2004 unha serie de plans de mellora baseados en ferramentas de calidade, aplicadas ó mundo da educación, con soporte e asesoramento por parte do ITE e CECE co obxectivo de mellorar os seus resultados e prestar un maior servizo ós seus clientes e a propia administración.

 

        A organización do colexio decidiu emprender en marzo do ano 2004 a primeira autoavaliación do Centro guiándose por un asesor co obxectivo primordial de detectar os puntos fortes e as súas áreas de mellora.

        Como froito desta autoavaliación puxéronse en marcha unha serie de equipos de mellora para a organización e contando coa implicación do persoal acadou no ano 2006 o primeiro nivel de acceso na implantación do modelo de EFQM.

 

        Pero co obxectivo de profundizar na implantación da calidade e na mellora do Centro, a dirección decidiu levar a cabo unha segunda autoavaliación coa ferramenta PERFIL e coa presencia dun Licenciatario Oficial.

 

        Como consecuencia desta segunda autoavaliación e demostrando que o centro está implantando unha organización para acadar unha mellora continua, con indicadores e evidencias tanto nos criterios escollidos coma nos resultados obtidos , recolleu en Madrid o 28 de novembro orecoñecemento de nivel de desarrollo 200+”.

 

        Este é un recoñecemento social ó seu esforzo cotiá comprometido coa boa xestión da calidade educativa cara a Excelencia. Para lograr estes obxectivos o centro tivo que elaborar un plan de mellora no que se abordan os seguintes temas:

· Implantación do uniforme en Educación Infantil e Primaria como resposta a unha serie de peticións por parte dos pais para mellorar a imaxe social.

· Realización dun estudo para aumentar o número de matrículas e ser máis coñecidos no barrio.

Organización dun plan de convivencia que potencia un clima favorable de convivencia, mellorando as relacións interpersoais, creando unha cultura de traballo colectiva e mellorando as habilidades sociais dos alumnos para que nun futuro sexan persoas que valoren o respecto, a liberdade,…

 

Todo isto favorece a competitividade e a excelencia na xestión integral do centro, serve de estímulo de mellora, xera motivación e participación interna e posibilita a comparación cos mellores para establecer uns obxectivos máis interesantes.

 

Pola continuidade na mellora educativa en Novembro de 2010 , obtivo o recoñecemento 300+. Nesa liña de traballo continúa mellorando día a día

O  COLEXIO MONTERREY OBTÉN O RECOÑECEMENTO EN CALIDADE EDUCATIVA 300+

Entrega recoñecemento 300+

Novembro 2010

Entrega recoñecemento 200+

Novembro 2008