inicioCuadro de texto:

 

 

 

 

             CENTRO  CONCERTADO

                        DE  CALIDADE

COLEXIO

MONTERREY

C/ Montecelo  Alto, 41 (a 1 minuto

  do  Centro Comercial Travesía)

    VIGO  Tlf-fax: 986 272 047

UNIFORME

É obrigatorio en Educación Infantil, Primaria e no primeiro e segiundo curso de E.S.O. Os alumnos de Infantil usarán ademáis obrigatoriamente o mandilón durante toda a xornada escolar. Para as clases de Educación Física levarán tódolos alumnos o chándal do colexio coa camiseta correspondente.

 

         É importante que os alumnos e alumnas veñan ó colexio correctamente uniformados de maneira que fortalezamos entre todos a unidade e a cohesión do noso centro. A  colaboración dos pais  neste tema é indispensable para conseguir este obxectivo.

 

         O uso do uniforme é un vínculo que crea pertenza a unha institución e revela calidades persoais que distinguen ó alumno, levando sempre unha presentación digna.

 

         As prendas que compoñen o uniforme son as seguintes:

 

· Pantalón gris escuro para os nenos.

· Falda ou pantalón femenino gris escuro con pespuntes en amarelo para as nenas.

· Polo amarelo co escudo do centro e dúas listas azuis en colo e mangas.

· Xersei azul marino co escudo do centro, escote en pico con dúas listas amarelas.

· Zapatos azul marino ou negro.

·  Medias azul marino para as nenas.

 

 

 

Tanto o uniforme coma o chándal e o mandilón pódese adquirir na tenda de deportes Brais Sport, na rúa Sanjurjo Badía 108  e tamén  en “El  Corte Inglés.”

 

 

         Para manter a uniformidade de tódolos alumnos prégase a máxima colaboración, desde principios de curso, dos pais, nais e de tódolos alumnos. As prendas deberán estar debidamente marcadas co nome do alumno para evitar posibles perdas das que o centro non se responsabiliza.