CENTRO CONCERTADO DE CALIDADE |
MONTERREY |
C/ Montecelo Alto, 41 (a 1 minuto do Centro Comercial Travesía) VIGO Tlf-fax: 986 272 047 |
Educación Infantil, Educación Primaria e E.S.O visítana, ben para escoitar contos, traballar cos diccionarios ou enciclopedias, ben para elaborar material necesario para algún traballo.
FUNCIONAMENTO
PRÉSTAMOS DE LIBROS:
Os alumnos que desexen poden levar libros para casa, cubrindo unha ficha onde deixan os seus datos xunto co curso onde están, nome do libro, data de entrega e dispoñen de quince días para lelos.
LIBROS QUE NON SE PRESTAN:
Non se deixan levar para a casa:
¨ Libros de consulta : diccionarios, enciclopedias... ¨ Revistas ¨ Xornais ¨ Cómic ¨ .....
BIBLIOTECA DE AULA:
Nas aulas hai unha biblioteca de aula para que os alumnos poidan ler libros, levalos para casa, facer traballos, etc.
A lectura é un dos aspectos que pretendemos coidar máis, xa que:
¨ Permite desenvolver ó alumno destrezas e habilidades que o acompañarán toda a súa vida ¨ Desenvolve o hábito lector, para que a lectura poida convertirse nunha placenteira actividade elexida libremente. ¨ Desenvolve a capacidade comprensiva e rententiva. ¨ Permite coñecer experiencias diferentes as que eles viviron. ¨ Amplia a súa visión do mundo, abre a súa mente a outras realidades e culturas con actitude de respeto.
FOMENTO DA LECTURA:
*Inténtase motivar e incentivar a lectura desde educación Infantil.
*Inténtase motivar e incentivar a lectura, facendo que o alumno se vexa mergullado nela. Con este motivo, despois dalgunha lectura, sempre que se poida, recibimos a visita no Centro de algún autor que lles fala do libro e lles asina os exemplares.
*Tamén fomentamos o labor da escrita, traendo algún animador que lles fai inventar e contar cousas a partir dun pequeno anaco de texto, no que se teñen que implicar.
|
COLEXIO |