volver

 

 

 

 

             CENTRO  CONCERTADO

                        DE  CALIDADE

MONTERREY

C/ Montecelo  Alto, 41 (a 1 minuto

  do  Centro Comercial Travesía)

    VIGO  Tlf-fax: 986 272 047

COLEXIO

PLAN DE CONVIVENCIA

PROGRAMA DE MEDIACIÓN

 

A mediación é un xeito pacífico de resolver os conflictos entre dúas partes, no que unha terceira parte neutral (o/a mediador /a) axuda a  que se atope unha solución. E un proceso voluntario e confidencial.

 

Pódese achegar de dous xeitos:

1. Tendo un problema con alguén, accédese voluntariamente. As dúas partes teñen que estar de acordo en solicitala.

2. Tras un parte de conducta (e sempre que o autorice o equipo directivo e a orientadora) para que teñan a oportunidade de resolver o problema antes de aplicar as sancións maiores contempladas  no regulamento de réxime interno.

Desde hai varios anos o centro dispón dun plan de convivencia, no que se especifican os obxectivos específicos a alcanzar, así como as normas que regulan o funcionamento do centro. O enfoque da convivencia ten unha visión constructivista e positiva, polo que as actuacións van encamiñadas ao desenvolvemento de comportamentos adecuados para convivir mellor e resolver conflictos, a través da participación, de bos cauces de comunicación e da prevención de problemas de conduta.

Nesta liña de traballo, está en funcionamento  o PROGRAMA DE MEDIACIÓN e a COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A comisión de convivencia reúnese todos os venres para tratar o sucedido durante a semana

 

Levántase acta de cada xuntanza facendo a orientadora funcións de secretaria. O escrito fotocopiase e entrégase (os luns a primeira hora) a cada delegado, a cada titor , dirección, xefa de estudos e profesores integrantes do grupo de convivencia. Os delegados len o escrito na clase para todo o alumnado e recóllense, en horario de titoría , suxestións do grupo.

 

Os delegados recollen todos aqueles feitos, situacións, actividades... do grupo clase que teñan unha repercusión  sobre a convivencia para levalo posteriormente  á comisión.

 

 A Comisión de Convivencia permítenos implementar e reflexionar , de xeito continuado, sobre todos aqueles principios que aparecen no Plan de Convivencia , polo que transformamos as boas intencións, o plasmado no papel,  nun feito continuado de aplicación  e revisión  de todo aquilo que ten que ver coa convivencia.

Tamén resulta un instrumento  práctico e educativo de xestión  participativa da clase; énchese de contido a labor dos delegados como representantes do seu grupo clase, como trasmisores e mediadores das inquedanzas  do grupo, obrigados a sistematizar e concretar  o sentir do seu grupo o tempo que “lidiar” con todo o sentir  de cada un/unha dos seus compañeiros.

A partires  deste facer foron xurdindo novos programas de intervención: “civismo e boas prácticas”, “semana multicultural”; “habilidades sociais”; “saber relacionarse”; “xuntos educamos mellor, un mes un obxectivo” ( para fomentar a colaboración colexio – pais;” programa de mediación” ( formación de mediadores-alumnos e intervención en casos requeridos, supervisados pola orientadora.

Agás da coordinación, seguimento e avaliación de charlas e programas externos dados dende outras institucións como Cruz Vermella, Concellería d Benestar Social... e da Concellería de Educación, pàrticipando , en novembro do 2009, nunha sesión Plenaria do concello co tema “a perda do prestixio social do profesorado e como isto pode estar relacionado coa falta de límites e disciplina que os pais e nais manteñen cos seus fillos” .

Cuadro de texto: COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A Comisión de Convivencia  é  un grupo de traballo composto  polos delegados de cada  curso da ESO  e a orientadora, así como a directora cando se tratan temas que afectan a todo o colexio ou aquel alumno ou profesor que por estar implicado nunha situación particular sexa preciso contar coa súa intervención. 
ACTVIDADES REALIZADAS:
Inicio do curso escolar
Elección dos mellores alumnos do trimestre.
Visita ó centro de misioneros de Teis.