inicio

 

 

 

 

             CENTRO  CONCERTADO

                        DE  CALIDADE

COLEXIO

MONTERREY

C/ Montecelo  Alto, 41 (a 1 minuto

  do  Centro Comercial Travesía)

    VIGO  Tlf-fax: 986 272 047

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E

VISITAS CULTURAIS

CURSO 14-15

 

 

         O longo do curso efectúanse unha serie de saídas culturais programadas como: museos, exposicións, cine, teatro, espectáculos musicais...

 

                Con estas saídas pretendemos:

 

¨ Completar contenidos das diferentes áreas mediante actividades previas, durante e despois da visita.

¨ Favorecer o clima de convivencia.

¨ Contribuír ao afianzamento de valores relacionados coa conservación e defensa do medio.

¨ Servir de nexo de unión entre o centro e o mundo exterior, achegando o alumno ao seu ámbito e estimulando o seu interese polo coñecemento e a cultura.

¨ Ampliar os horizontes artísticos e culturais dos alumnos e espertar e acrecentar a súa curiosidade científica.

 

Estas son algunhas das actividades realizadas:

Cuadro de texto: INICIO DO CURSO ESCOLAR

Os alumnos de Secundaria iniciaron o curso cunha xornada de convivencia co fin de mellorar o clima grupal, tan importante para a integración de tódolos alumnos e crear un ambiente propicio e agradable para ensinar e aprender e así poder acadar mellores resultados académicos.

Cuadro de texto: OBRADOIRO DE XABÓN 
E HIDROLATOS (AGUA FLORAL)

Os alumnos de 3º Secundaria realizaron u  obradoiro de xabón e outro de hidrolatos, aprendendo cales son os ingredientes necesarios e o procedemento para a elaboración dos mesmos.