inicio

 

 

 

 

             CENTRO  CONCERTADO

                        DE  CALIDADE

COLEXIO

MONTERREY

C/ Montecelo  Alto, 41 (a 1 minuto

  do  Centro Comercial Travesía)

    VIGO  Tlf-fax: 986 272 047

Cuadro de texto:

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estas actividades teñen como obxectivo potenciar a oferta de actividades culturais e deportivas, con carácter voluntario e en horario de tarde, que contribúan á formación integral do alumnado, axúden a organizar o seu tempo libre e melloren a súa vinculación co centro. Dirixidas a todos os alumnos de infantil, primaria e secundaria

Obxectivos

• Promover no alumnado un sentimento positivo de pertenza ao centro.

• Conseguir que adquira unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.

• Desenvolver a autoestima dos nenos e nenas.

• Mellorar as relacións entre os alumnos e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.

• Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade do alumnado.

• Posibilitar o acceso ás actividades culturais e deportivas a todos os nenos, nenas e novos, ampliando o seu horizonte cultural.