P1020305

A incorporación de novos alumnos seguirá orde e prazo establecidos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia:

• O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do  1 de marzo ao 20 de marzo.

• As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán prioridade en relación coas presentadas no prazo establecido e serán remitidas á comisión de escolarización.

• As solicitudes axustaranse ao modelo oficial.

ADMISION 2017

• Cada solicitante presentará unha única solicitude.

• O alumnado adimitido formalizará a matrícula do 20 ao 30 de xuño para alumnos de infantil e primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para alumnos de secundaria.

• Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.

• No momento de realiza-la matrícula, aboarase o

SEGURO ESCOLAR

• DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOGA 26 de decembro de 2012), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

• ORDE do 12 de marzo de 2013 (doga 15 DE MARZO DE 2013) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2° ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

• Criterio complementario establecido en caso de baremar: “ser filio de antiguo alumno”

Toda persona interesada en coñecer o centro, tanto as instalacións coma a dinámica académica, pode visitar o Colexio previa cita en secretaría. Para calquera visita de novos alumnos é recomendable dirisirxe á secretaria do centro

Translate »