Quen somos?
Somos un centro PRIVADO CONCERTADO PLURILINGÜE, de calidade, con ambiente cercano e familiar, donde os valores e unha didáctica activa son os pilares fundamentais para preparar aos alumnos para o futuro e ensiñarlles a ser felices.
Situados no corazón da Travesía de Vigo, levamos case 50 anos traballando na tarefa educativa de maneira inclusiva e integradora, comprometidos en ofrecer unha formación acorde á demanda dunha sociedade cambiante.
Que pretendemos?Visión
Que os nosos alumnos cheguen a ser adultos capaces de participar activa e críticamente na sociedade.
Proxecto Educativo
Ensinar ós alumnos a aprender a aprender e a pensar é o obxectivo principal
Outros pilares importantes son:
• Formar de xeito individual e persoal, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores morais dos alumnos en todos os ámbitos da vida: persoal, familiar, social e profesional.
• Empregar metodoloxía activa e innovadora que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe, así como a metodoloxía SEMGAL empregada no traballo por proxectos.
• Atender á diversidade mediante o plan de apoio aos alumnos con dificultades na aprendizaxe, ademáis das actuación dirixidas aos alumnos con necesidades educativas especiais.
• Ofrecer atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional.
• Formar en valores cun plan de convivencia, no que os alumnos aprenden a convivir e a formarse como persoas responsables.
• Formar no plurilingüismo que conte coa axuda dun auxiliar de conversa para reforzar as competencias lingüísticas.
• Fomentar actividades deportivas para favorecer o desenvolvemento físico e emocional dos alumnos.
• Fomentar a participación e colaboración dos pais ou titores para contribuír á mellor consecución dos obxectivos educativos.
• Desenvolver unha ensinanza de calidade coidando a formación permanente e actualización do profesorado, seguindo o modelo calidade europea.
Por que consideramos importantes as normas de convivencia?
Para facilitar as relacións mutuas de axuda entre profesor e alumno, dar confianza para expoñer dúbidas, e fomentar a comunicación e o respecto. Contribuír á formación na responsabilidade dos alumnos. En definitiva, lograr que as relacións entre tódolos membros da comunidade escolar sexan próximas e repectuosas.
Participan os pais na tarefa educativa?
Confiamos en que os pais e nais ou titores participen e apoien a evolución do proceso educativo dos seus fillos, coñezan as decisións relativas á avaliación e promoción e colaboren nas medidas de apoio ou reforzo que adopta o centro educativo para facilitar o seu progreso.Pretendemos que a tarefa educativa sexa unha prolongación dende o colexio ata o fogar.