Somos un grupo de profesionais, que aúnan xuventude e experiencia, coa motivación e preocupación constante polo alumnado. Todos eles comprometidos coa implantación dun sistema de Calidade aplicado á ensinanza coa que se pretende mellorar os métodos educativos, unha mellor relación coas familias e lograr que a tarefa educativa sexa unha prolongación desde o colexio ata o fogar.

¿Qué Pretendemos? Visión.

Queremos que a sociedade nos perciba como un centro moderno, innovador e cunha atención persoal de calidade

¿Cales son os valores?

No noso traballo diario, comprometémonos a CULTIVAR os seguintes valores:

•   Liberdade e responsabilidade
•   Convivencia democrática
•   Respecto
•   Esforzo
•   Búsqueda da verdade

¿Cales son os obxectivos principais?

• Ensinar os alumnos a aprender a aprender e a pensar é o obxectivo principal.

• A formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores morais dos alumnos en todos os ámbitos da vida: persoal, familiar, social e profesional.

• A metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe.

• A consideración da atención á diversidade mediante o plan e apoio aos alumnos con dificultades na aprendizaxe, ademáis das actuacións dirixidas aos alumnos con necesidades educativas especiais.

• A atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional.

• A participación e colaboración dos pais ou titores para contribuír á mellor consecución dos obxectivos educativos.

• O desenvolvemento das capacidades creativas e do espírito crítico.

• O fomento dos hábitos de comportamento democrático.

• O traballo de forma coordinada e coherente no tema das relacións interpersoais e da disciplina a nivel do Centro e da Comunidade Educativa

• A mellora das relacións interpersoais entre tódolos membros da comunidade educativa

• A relación co ámbito social, económico e cultural.

• A formación no respecto e defensa do medio ambiente

• A formación de hábitos saudables e coidados necesarios que axuden a manter o corpo sa e en boa calidade de vida

• A formación no respecto ao bilingüismo

• Fomento na animación á lectura

• Fomento do uso das novas tecnoloxías

• Desenvolvemento dunha ensinanza de calidade coidando a formación permanente e actualización do profesorado, seguindo o modelo  calidade europea.

¿Cales son as regras de disciplina?

A normativa disciplinar achega esixencias por parte dos profesores e dos alumnos.

Por parte dos profesores poderiamos enumerar as seguintes: relacións mutuas de axuda entre profesor e alumno, dar confianza para expoñer dúbidas, eliminar tensións, comunicación e respecto mutuo.

Por parte dos alumnos: facer bo uso do edificio, material e mobiliario do Centro; o respecto ás Persoas da Comunidade Educativa dentro e fóra do Centro; o vocabulario debe ser correcto e educado; conduta solidaria cos compañeiros; puntualidade e asistencia regular.

Os obxectivos que se pretenden coas Regras de Disciplina do Centro son os seguintes:

• Contribuír á formación na responsabilidade dos alumnos.

• Proporcionar hábitos de puntualidade, corrección e respecto.

• Lograr a orde necesaria para desenvolver o traballo escolar con eficacia

• Lograr que as relacións entre tódolos membros da comunidade escolar sexan próximas e repectuosas

¿Participan os pais na tarefa educativa?

Os obxectivos para que os pais e nais ou titores participen e apoien a evolución do proceso educativo dos seus fillos, coñezan as decisións relativas á avaliación e promoción e colaboren nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros educativos para facilitar o seu progreso educativo son os seguintes:

• Atender ás citacións do centro

• Non visitar ao alumnado durante as horas de clase ou recreo, sen causa xustificada

• Coñecer o regulamento de Réxime Interno

• Non desautorizar ao profesor en presencia dos seus fillos senón escoitalos e confrontar as versións. É importante que os pais valoren ao profesor.

• Facilitar aos seus fillos  cantos medios sexan precisos para levar a cabo as actividades e tarefas que lles indique o  profesor

• Participar voluntariamente co profesorado na programación daquelas actividades para as que se solicite a súa  axuda. Por exemplo: excursións, actividades complementarias, etc. que forman parte da programación e polo tanto, son obrigatorias

• Consultar co titor cualquera dúbida que poidan ter no horario de tutoría.

• Facilitar o cumprimento das obrigas dos seus fillos  respecto ao centro: puntualidade, orde, aseo, vestimenta, etc

• Estimular aos seus fillos no respecto ás normas de convivencia do Centro como elemento que contribúe a súa formación sendo consecuentes coas sancións ás normas dos alumnos.

Translate »