PROXECTOS CON METODOLOXÍA SEMGAL

Traballando proxectos o alumno é protagonista do seu propio aprendizaxe, resolve problemas e traballa cos seus compañeiros nun entorno autónomo. Esta forma de traballar motiva aos alumnos a aprender, desenvolve a súa autonomía, fomenta o seu espíritu autocrítico, creatividade, etc.

No desenvolvemento dos proxectos utlizamos metodoloxía SEM, plan organizativo de enriquecemento e intervención educativa, que permite adecuar a resposta educativa a todos os estudantes tendo en conta as diferentes características, necesidades, intereses, motivacións e estilos, para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. O propósito desta metodoloxía é a mellora da calidade educativa mediante a atención á diversidade do alumnado dende un enfoque inclusivo.

O SEM propón examinar o currículo ordinario e explorar as posibles opcións proporcionando experiencias enriquecedoras que favorezan unha aprendizaxe personalizada para a resolución de problemas do mundo real. O proceso require da creación dun produto social relevante ou servizo, finalizando coa presentación ante un público real máis aló do grupo clase, na feira de proxectos.