SEMANA TEMÁTICA: “RURALÍZATE”

VISITA Á CASA RURAL DA TÍA OBDULIA

Os alumnos da Infantil e Primaria, na semana temática “ruralízate” puideron comprobar na CASA RURAL DA TÍA OBDULIA en Rebón( Moraña) todo o proceso da colleita do millo. Na leira cortárono, esfollárono, debullárono e as espigas leváronas á cabana. Máis tarde peneiraron a fariña de millo e meteron as bolas de pan no forno. Logo viron os distintos animais da granxa, os aperos de labranza e mesmo un lagar, un alambique e a bodega cos barriles de viño. Todo un museo rural
Ao final da visita puideron probalo pan.
Todo isto combinárono coa visita aos muiños de Barosa.
Noa Veiga describe así esta visita:
“Fomos de excursión ao rural. Primeiro visitamos Barro (Pontevedra), alí vimos un muíño moi antigo chamado A Barosa. O mozo que explicaba era moi simpático. Os primeiros en entrar foron os pequenos, entramos por grupos dado que o sitio era moi reducido. Mentres tanto 3º, 5º, 6º subimos unhas escaleiras e unhas rocas para ver unha fervenza súper bonita, foi moi divertido. Logo tivemos 15 minutos soamente para merendar aínda que nos chegou dabondo. Despois de merendar, entramos no muíño. Explicáronnos como se moía o millo para facer o pan, pasteis… Máis tarde subimos á parte de arriba onde se atopaba o forno de pedra, tamén nos explicaron como funcionaba, como o limpaban… Esta visita gústome bastante. Logo fomos a “A casa da tía Obdulia”, chegamos xustos de tempo porque nos perdemos dúas veces… Alí esfollamos o millo e gardámolo no hórreo. Despois diso vimos prensas de viño… E por último probamos pan de millo. Estaba súper rico e o mellor é que estaba feito ao forno de pedra. Pásamolo xenial.”

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Spread the word. Share this post!

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Translate »