Os alumnos de 5º de primaria competiron nas modalidades de 500 m lisos, 60 m, relevos, lanzamento de vórtex, lanzamento de peso e salto de lonxitude. Bo traballo rapaces !!!
LIGA DE NATACIÓN
Derradeira xornada da liga de natación e entrega de medallas. Parabéns a tódolos participantes!!
COMPETICIÓN ESCOLAR BÁDMINTON
Primeira competición escolar de bádminton, para 4º de primaria, dentro do programa Xogade. Ademaís do propio xogo, arbitraron partidos de compañeiros e rivais.
CROSS PÁRROCO DON CAMILO
O domingo 12 de marzo, celebrouse o XXXI Cross do Párroco don Camilo, no que os alumnos: Alessandro, André, Nicolás e Noela tamén formaron parte da gran cantidade de corredores, que había esa mañá. Parabéns a todos eles.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Alumnos de 6°P tiveron unha competición de voley no pabellón do Ifevi O domingo día 5 de marzo, ao mesmo tempo que se celebraba o X Cross do colexio, na piscina do Carmen, competían os nosos nadadores na 2° xornada…
CROSS MONTERREY
O domingo día de 5 de marzo, celebrouse o X Cross do Colexio Monterrey. Despóis duns días soleados, a choiva fixo acto de presencia, pero non impediu a gran afluencia de máis de 200 corredores, que de diferente colexios e…
SEMANA BRANCA
Durante a última semana de xaneiro, os alumnos puideron gozar dunha semana na neve practicado esquí. Chegaron derrotados.... pero a experiencia mereceu a pena. https://vimeo.com/795734175
CROSS A.V.A
Fría e soleada mañá no Cross do A.V.A. Os nosos/as atletas co seu esforzo conseguiron ir adiantando postos na súa carreira e tratando de non esvarar na lama. Proba superada con éxito. Prabéns para XOEL, CARLA e NICOLÁS.
XORNADA DE PATINAXE
Despedimos 2022 xuntos, cunha xornada deportiva. O importante desta xornada: divertirnos e coller forzas para empezar ben o ano. https://vimeo.com/787703773
INFANTIL
Saltadores, equilibristas, trepadores, reptadores, atletas, así son os nosos alumnos de 4º infantil. https://vimeo.com/779842389