DÍA DO LIBRO

Este ano a semana do libro foi máxica no noso colexio, tan máxica que tanto a dirección da ANPA como a do centro trouxéronnos unha maga ao cole.

Cando o soubemos estabamos entusiasmados aínda que moitos de nós non sabiamos ben o que iamos ver .

A maxia empezou desde o primeiro, minuto, meternos no ximnasio cheo de luces de cores, mesas cheas de chapeus, varitas,… e unha gran cortina brillante de onde saíu Leo, a maga, e o seu axudante.

Gustounos moito a todos, tiñamos a boca e os ollos abertos como pratos ao ver como sacaba luces dos seus dedos, como sacaba auga do brazo dunha nena, como un abanico novo rompía e ao momento aparecía enteiro, como unha simple corda púñase recta, subía , baixaba, e unha chea de cousas máis.

Aprendemos moitas cosas pero sobre todo que a maxia está en todas partes, en casa, no cole, no parque, nas nosas cabezas e sobre todo nos libros.

A lectura é maxia que nos leva aos lugares máis fantásticos, a vivir momentos tenros e tristes e a ser felices.

¡ A felicidade tamén está nos libros.! Non o esquezades: A MAXIA ESTÁ EN TI, BÚSCAA

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Translate »