TRABALLANDO PROXECTOS. GLOBOS AEROSTÁTICOS

Os globos aerostáticos foi un dos obradoiros desenvolvidos polos alumnos de primaria na semana dedicada aos “medios de transporte”. Neste obradoiro aprenderon que os globos aerostáticos funcionan grazas á diferenza de densidade do aire dentro do globo con respecto ao aire exterior. Dentro do noso globo hai aire quente que é menos denso que o aire exterior. Segundo o Principio de Arquímedes, o aire quente, ó ser menos denso, pesará menos que o aire exterior e, por tanto, recibirá unha forza de empuxe cara arriba que fará ascendelo globo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.