VISITA A EROSKI

O meu DÍA NO EROSKI

Ola, chámome Alejandro Bao Rodríguez e fixemos, os meus compañeiros, a miña titora e eu, unha saída moi chula: fomos ao Eroski. Os temas tratados foron: Hábitos saudables, uso responsable e reciclaxe. De camiño ao supermercado todo foi moi ben, a verdade que demasiado ben… Cando chegamos, o primeiro que fixemos foi ir á panadería. Ao meu amigo Xoa e a min facíallenos a boca auga con tantos donuts e empanadas. Despois fomos á frutería. Había unha chea de froitas, e cada cal máis rica. Máis tarde, chegamos á sección de carnicería, onde nos ensinaron a roupa que levaban posta, os utensilios, … Polo mesmo corredor fomos á peixaría, onde nos ensinaron todas as clases de peixe que tiñan. Uns metros despois, chegamos aos produtos lácteos e á zona de droguería. Uns minutos despois chegou o mellor: A FROITA!…Estaba todo riquísimo e mesmo xogamos a xogos moi divertidos. E entón chegou o momento de dicir adeus. Ao irnos déronnos a cada un unha bolsa con agasallos e un vale de desconto. O único malo da volta foi que choveu e empapámonos, pero, Que máis dá?. E esta foi a miña experiencia no Eroski. Ata logo!.

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.