PROGRAMA VIGO EN INGLÉS CURSO 2018-19

Xa está de volta o noso grupo de alumnos de 4º ESO que empezaron o curso en Swansea, Gales, grazas ao programa “Vigo en Inglés” do Concello de Vigo.
A súa estancia de 3 semanas está chea de anécdotas e moi bos recordos (tanto, que algún non quería volver..)

Asistiron a clase en Pentrehafod School, pero tamén tiveron tempo de divertirse, facendo multitude de actividades e excursións. Visitaron os acantilados Three Cliffs Bay, Royal Mint, a única fábrica onde se producen todas as moedas do Reino Unido e doutros países do mundo; por exemplo as moedas de Exipto, Filipinas e Arabia Saudita. Mediante unha visita de 45 minutos cun guía, aprenderon o proceso, os materiais e a cantidade de moedas que saen da fábrica.

Visitaron tamén Big Pit, unha mina de carbón real que estivo en funcionamento desde 1880 ata 1980 e que agora converteron nun museo. Percorreron os túneles reais cun ex-mineiro como guía. O máis impresionante de todo é que estes túneles están a 100 metros por baixo do chan! Para iso, tiveron que acondicionalos con cascos e lanternas, xa que estaban en completa escuridade.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Spread the word. Share this post!

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Translate »