TEATRO

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria asistimos ó Teatro Fundación para ver a obra de teatro “ Eu cociño; ti cociñas” da compañía de teatro Mamá Cabra.

Entre prato e prato, disfrutamos da música e das risas provocadas polos seus actores. Unha viaxe polo mundo, onde a través de Timoteo e das súas receitas de cociña, aprendemos a comer de xeito saúdable e tamén, vocabulario propio da cociña como: polbo, culler, luvas, pota… e todo isto, mariñado cunha pizca de música.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.