Axuda, colaboración, paciencia, limpeza, coidado, motricidade fina e por suposto moito traballo para facer esta árbore. Parabéns á clase de 5°P polo seu comportamento, entrega, entusiasmo, autonomía e saber facer.
XORNADA DE TEATRO EN SECUNDARIA
Os alumnos de secundaria asistiron a unha obra de teatro no auditorio Afundación. Unha reflexión sobre como inflúe o mundo dixital na persoa que somos e na que queremos ser.