O xoves 14 de decembro, os nenos e nenas de 5°P tiveron unha mañá de convivencia de HIP-HOP. Cada cole mostrou a coreografía aprendida durante as clases de E.F.
Coñecemos o Hip-Hop como un conxunto de danzas urbanas, aínda que engloba moitísimas máis cousas que unha danza.
Diversión, nervios, convivencia, espera, ritmo, compañeirismo, memoria e moitas outras emocións sucederon nesta primeira xornada
PARABÉN!!