3º PREMIO EDUCACIÓN EN VALORES

Estamos MOI ORGULLOSOS E CONTENTOS porque o noso centro recibiu o 3 er premio na categoría Educación en valores, nos II Premios Provinciais á Mocidade organizado pola Deputación de Pontevedra. Presentamos a este certame “A nosa comisión de convivencia”, un proxecto global de Educación en valores que levamos anos desenvolvendo e enriquecendo. O eixo principal deste proxecto, é a Comisión de convivencia, formada polos delegados e subdelegados de todos os cursos de Secundaria, a orientadora, a xefa de estudos e a directora. Esta comisión reúnese semanalmente para poñer en común os aspectos para mellorar, pero tamén os logros conseguidos en cada curso representado. O tratado e acordado na reunión é recolleito nunha acta que se le ao resto dos alumnos. Un exemplo para seguir a actitude dos nosos alumnos: comprometidos, críticos e responsables. Parabéns a todos eles e á comunidade educativa por seguir facendo de cada día un novo reto e enchelo de logros.

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.