4º PRIMARIA: TRABALLANDO PROXECTOS

Con isto da pandemia, tivémonos que renovar rapidamente mestres, pais e alumnos e apostar polas novas tecnoloxías para seguir o día a día das nosas actividades dentro e fora da aula. Afortunadamente atopamos unha excelente ferramenta de comunicación, a videochamada ou videoconferencia. Os alumnos de 4º P utilizamos esta ferramenta para seguir profundando na nosa aprendizaxe e poder trasladarnos a distintos escenarios sen saír do colexio. Videoconferencias con Meteogalicia,  Museo do Mar de Vigo, Isabel Chapela (bióloga mariña e Nicolás Rodríguez ( regatista, subcampión mundial )… Con todos eles, reforzamos e ampliamos os nosos coñecementos á vez que pasamos un intre divertido cos nosos conferenciantes.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.