O Colexio Monterrey ten, como un dos seus obxectivos principais, fomentar o desenvolvemento integral do seu alumnado. Para iso, pon a disposición das familias un completo programa de actvidades extraescolares.

  Esta formación complementaria, ademais  de conseguir unha maior motivación do alumno para aproveitar as súas actitudes ao máximo, facilitaralle a consecución de habilidades que, nun futuro, axudarán a enfrontarse a un ambiente cada vez máis esixente.

  Calquera  dúbida relacionada con actividades extraescolares podedes  consultalas a través do correo electrónico: colegiomonterrreyextraescolares@gmail.com.

Se un alumno desexa darse de baixa nunha actividade deberá comunicalo antes do día 27 do mes anterior.

 

 

 

 XIMNASIA RÍTMICA

Traballaranse diversos exercicios de forma individual e colectiva ó ritmo da música.

Quen?:      Infantil, Primaria e Secundaria

Cando?:  Luns de 16:00h-17:00h.

 

BALONCESTO

Aprenderán a traballar en equipo e a levar a cabo diferentes estratexias de xogo a través das súas regras, aplicarán diferentes técnicas e mellorarán a súa velocidade, precisión, forza e elasticidade as  cales axudaran a estimular un crecemento perfecto.

Quen?:    Infantil, e Primaria e Secundaria

Cando?: Luns de 17:00 h – 18:00 h.

 

MULTIDEPORTE

Traballaran habilidades como desprazamentos, saltos, xiros, botes, pases e  recepcións.

Quen?:      Infantil, Primaria

Cando?:  Mércores de 16:00 h -17:00 h.

 

TEATRO

Esta actividade pretende, a través da expresión teatral, que o/a neno/a desenrole a súa imaxinación,  aprendan a escoitarse a si mesmos e ós demais.

Quen?:      Primaria e Secundaria

Cando?:  Mércores de 17:00 h -18:00 h.

 

TAEKWONDO

Ten como obxectivo a mellora da coordinación, resistencia, forza, flexibilidade, autodisciplina e o traballo en equipo.

Quen?:      Infantil, Primaria e Secundaria

Cando?: Xoves de 16:00 h -17:00 h.

 

BALLET

Traballarase a coordinación, a axilidade de movementos e o equilibrio, o que colabora no desenrolo psicomotriz do/a neno/a.

Quen?:      Infantil, Primaria e Secundaria

Cando?: Xoves de 17:00 h -18:00 h.

 

 

BAILE

Primeira aproximación ao baile cun ambiente divertido e creativo, onde os/as nenos/as realicen un traballo progresivo sendo así capaces de coñecer o seu corpo e as súas posibilidades de movemento.

Quen?:    Infantil, Primaria e Secundaria

Cando?: Venres de 16:00h – 17:00h.

 

 

PATINAXE

Esta actividade axúdalles a desenvolver o equilibrio e a harmonía corporal, a través de movementos e exercicios.

Quen?:    Infantil, Primaria

Cando?: Venres de 17:00h – 18:00h.