Introdución
O Colexio Monterrey ten, como un dos seus obxectivos principais, fomentar o desenvolvemento integral do seu alumnado. Para iso, pon a disposición das familias un completo programa de actvidades extraescolares.
Esta formación complementaria, ademais de conseguir unha maior motivación do alumno para aproveitar as súas actitudes ao máximo, facilitaralle a consecución de habilidades que, nun futuro, axudarán a enfrontarse a un ambiente cada vez máis esixente.
Calquera dúbida relacionada con actividades extraescolares podedes consultalas a través do correo electrónico: colegiomonterrreyextraescolares@gmail.com.
Se un alumno desexa darse de baixa nunha actividade deberá comunicalo antes do día 27 do mes anterior.
FUN PLAY TIME
Co obxectivo de mellorar a práctica activa do inglés, realizaránse dinámicas lúdicas totalmente en inglés cun profesor nativo.
Quen?: Infantil, Primaria
Cando?: Luns, martes e mércores de 15:15h- 16:00h.
TAEKWONDO
O taekwondo ten como obxectivo a mellora da coordinación, resistencia, forza, flexibilidade, autodisciplina e o traballo en equipo. Os alumnos iniciaranse nos exercicios e practicarán diferentes técnicas das que serán avaliados ó final do curso.
Ası́ mesmo, na actividade levaranse a cabo montaxes de pequenos espectáculos para
mostrar posteriormente en exhibicións.
Quen?: Infantil, Primaria e Secundaria
Cando?: xoves de 16:00h-17:00h.
BAILE MODERNO
O baile favorece a expresión e creatividade do noso alumnado, favorecendo o oído musical e desenvolve a linguaxe corporal.
Quen?: Infantil, Primaria e Secundaria
Cando?: Venres de 16:00h – 17:00h.
BALONCESTO
O baloncesto fomenta como deporte de equipo os valores da amizade, o respecto, a disciplina e o compañerismo, así como o desenvolvemento básico da condición física e o traballo en equipo.
Quen?: Infantil, Primaria e Secundaria
Cando?: Mércores de 16:00h – 17:00h.
ROBÓTICA
Nesta actividade foméntase da forma máis divertida o uso da ciencia e a tecnoloxía. Tamén experimentan coa forza e o movemento, o equilibrio e a estabilidade mediante os recursos de LEGO® Education®, potenciando desta maneira a creatividade, a innovación o emprendemento a eficiencia.
Quen?: Primaria
Cando?: Martes de 16:00h – 17:00h.