O Colexio Monterrey ten, como un dos seus obxectivos principais, fomentar o desenvolvemento integral do seu alumnado. Para iso, pon a disposición das familias un completo programa de actvidades extraescolares.
Esta formación complementaria, ademais de conseguir unha maior motivación do alumno para aproveitar as súas actitudes ao máximo, facilitaralle a consecución de habilidades que, nun futuro, axudarán a enfrontarse a un ambiente cada vez máis esixente.
Calquera dúbida relacionada con actividades extraescolares podedes consultalas a través do correo electrónico: colegiomonterrreyextraescolares@gmail.com.
Se un alumno desexa darse de baixa nunha actividade deberá comunicalo antes do día 27 do mes anterior.
XIMNASIA RÍTMICA
Quen?: Infantil, Primaria e Secundaria
Cando?: Luns de 16:00h-17:00h.
ROBÓTICA
Nesta actividade traballamos con pezas de Lego, ofrecendo experiencias lúdicas de aprendizaxe que axudan ó desenrolo de cada alumno/a
Quen?: Primaria, Secundaria
Cando?: Martes de 16:00h – 17:00h.
TAEKWONDO
O taekwondo ten como obxectivo a mellora da coordinación, resistencia, forza, flexibilidade, autodisciplina e o traballo en equipo.
Quen?: Infantil, Primaria e Secundaria
Cando?: xoves de 16:00h-17:00h.
BAILE
Primeira aproximación ao baile cun ambiente divertido e creativo, onde os/as nenos/as realicen un traballo progresivo sendo así capaces de coñecer o seu corpo e as súas posibilidades de movemento.
Quen?: Infantil, Primaria e Secundaria
Cando?: Venres de 16:00h – 17:00h.
PATINAXE
Esta actividade axúdalles a desenvolver o equilibrio e a harmonía corporal, a través de movementos e exercicios.
Quen?: Infantil, Primaria
Cando?: Venres de 17:00h – 18:00h.