ALUMNA EN PRÁCTICAS RAQUEL BOUZA

Encantadísimos sempre de ter alumnos en prácticas, e crear con eles unha relación de simbiose, pero cando chega o final e o agradecemento é con estas palabras, dános máis forza para seguir co noso día a día. Grazas Raquel por todo o que nos achegaches!! Boa sorte, na nova etapa que inicias.
“Esta carta de presentación do meu currículo vou convertela nunha carta para dar as GRAZAS porque só teño palabras de agradecemento pola forma na que me sentín acollida e todo o que me achegastes. Creo que todas as experiencias da vida modelan e constrúen a nosa personalidade, determinando o noso futuro. Por isto, as prácticas resultaron moi significativas no meu crecemento profesional e persoal.

Cando penso no colexio Monterrey vén a min cabeza a imaxe dunha gran familia e moitos recordos positivos. A miña experiencia de prácticas foi moi reconfortante e superou todas as expectativas. Ter a oportunidade de traballar con nenos e nenas é para min algo apaixonante e espero achegar o meu granito de area ao gran labor que facedes no centro educativo. Aprendín que máis aló do puramente académico, atópase un transfondo de valores fundamentais na educación. Un pilar importante para colexio é inculcar conceptos abstractos como son a amizade, o agarimo ou o respecto que os guiarán na súa traxectoria educativa e acompañaranos ao longo as súas vidas. As persoas pasamos un terzo das nosas vidas no traballo por ese motivo paréceme tan importante ter un traballo de ilusión. Considero un privilexio estar rodeada de compañeiros e compañeiras con quen poder compartir vocación, sorrisos ou momentos bos cun clima tan agradable e, por suposto, apoiarse nos momentos que non son tan bos, como unha gran familia. Grazas a todos os compañeiros e en especial, á miña titora por ensinarme e guiarme nesta bela profesión que é a psicoloxía. Grazas por acollerme na vosa gran familia.”


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.