Visitamos Apípolis, un lugar cheo de vida e aprendizaxe sobre as abellas. Aquí descubrimos como traballan, o importantes que son para a natureza e todo o que nos ofrecen. Probamos mel e pole, fixemos deliciosas galletas e mesmo nos vestimos de apicultores por un día. Foi unha experiencia única, moi doce e divertida.