AS VOGAIS, TAMÉN SE TOCAN, BUSCAN E CREAN!

Esta semana as vogais convertéronse nas protagonistas da nosa aula.

Creamos con plastilina
Dámoslles forma seguindo os moldes e practicamos o seu trazo mentres traballamos a motricidade fina.

Buscamos entre revistas, xornais e publicidade
Convertémonos en auténticos detectives de letras para atopar as nosas vogais en maiuscula e minúscula

Creamos os nosos murais
Cada vogal foi enchéndose de letras que nós mesmos atopamos e identificamos.

E así, case sen darnos conta, estamos traballando:

  • O recoñecemento das vogais
  • A discriminación visual
  • O trazo
  • A motricidade fina
  • A atención e concentración

Porque aprender a ler e escribir non ten por que ser sempre papel e lapis…

Ás veces necesitamos tocar, buscar, manipular, crear e, sobre todo, desfrutar aprendendo!

O pase de diapositivas require JavaScript.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.