BLOG BIBLIOTECA

BIBLIOTECA DE AULA:

Nas aulas hai unha biblioteca de aula para que os alumnos poidan ler libros, levalos para casa, facer traballos, etc. A lectura é un dos aspectos que pretendemos coidar máis, xa que:

• Permite desenvolver ó alumno destrezas e habilidades que o acompañarán toda a súa vida
• Desenvolve o hábito lector, para que a lectura poida convertirse nunha placenteira actividade elexida libremente.
• Desenvolve a capacidade comprensiva e rententiva.
• Permite coñecer experiencias diferentes as que eles viviron.
• Amplia a súa visión do mundo, abre a súa mente a outras realidades e culturas con actitude de respeto.

FOMENTO DA LECTURA:

• Inténtase motivar e incentivar a lectura desde educación Infantil.
• Inténtase motivar e incentivar a lectura, facendo que o alumno se vexa mergullado nela. Con este motivo, despois dalgunha lectura, sempre que se poida, recibimos a visita no Centro de algún autor que lles fala do libro e lles asina os exemplares.
• Tamén fomentamos o labor da escrita, traendo algún animador que lles fai inventar e contar cousas a partir dun pequeno anaco de texto, no que se teñen que implicar.