BIBLIOTECAS VIVENTES

Os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron as bibliotecas viventes, persoas que lles contaron historias reais sobre as súas vidas.

SALITRE: Un exemplo de superación e sacrificio. Kike Piñeiro xa de pequeno quixo ser cociñeiro. Loitou por conseguilo. Superou unha grave enfermidade, gañou  o Premio Nacional de Gastronomía e ten escrito o libro “sabor a vida”. El é cociñeiro por vocación, na escola era rebelde, quería unha bici e os pais dixéronlle  que tiña que gañárselo e mandáronno de cociñeriro coa intención de que se lle quitase a idea da bici, pero alí descubriu a súa paixón.

GALIFORNIA: A muller que narra esta historia é unha californiana de nacemento, pero que ó longo dos seus estudos foise interesando polo noso país e o noso idioma. Con gañas de aprender máis, pasou á Univesidade de Granada, máis o dificultoso acento complicóselle. Na súa estancia alí, chegou a ver unha película, a lingua das bolboretas. Esta película fíxolle atraerse pola paixase de Galicia e a súa cultura. Volveu a California, pero alí sentiu que tiña necesidade de visitar Galicia. Conseguiu traballo en Ourense e volveu de novo a España. Co tempo, abraiouse coa nosa cultura, a nosa comida, as nosas festas, o idioma… Actualmente vive e traballa en Santiago, e segue perfeccionando o seu galego.

 

 

 

Spread the word. Share this post!

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Translate »