CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

PON UN MUÍÑO DE VENTO NA TÚA VIDA

O pase de diapositivas require JavaScript.

Hai uns días unha profesora do colexio Monterrey dixo aos seus alumnos que pronto ían celebrar o día da Paz.

Unha alumna preguntoulle :

-Que é a Paz?

A profesora foilles preguntando un a un que pensaban eles sobre que era a Paz.

Estas son algunhas respostas:

-Paz é o que teño sempre na casa.

-Paz é un bico, non unha patada.

-Paz é cando xogo con vós eu non me pelexo

-É non pegar, non matar…

-Non, non é eso, Paz é perdoar .

-E tamén amar.

A mesma alumna, que preguntou que era Paz , fixo unha segunda pregunta.

-Por qué facemos muíños de vento?

Resposta:

-Para que o muíño co vento espalle e empuxe ós malos pensamentos, ás malas ideas e ós malos momentos que temos todos e quede soamente a Paz.

Tódolos que formamos parte do Colexio Monterrey desexamos que tódalas persoas poñan un muíño de vento nas súas vidas para que só brille a Paz.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.