CHARLA FORMATIVA TEA

A segunda semana de Setembro, todo o claustro recibiu, de mans de dous profesionais da fundación Menela e dentro do proxecto denominado “Coñece o TEA”, financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, unha charla formativa sobre o Trastorno do Espectro Autista, para abrirnos un pouco máis os ollos aos docentes sobre este trastorno. Consideramos de suma importancia que todo o profesorado faga un recordatorio, profunde e coñeza os avances na investigación do amplo abanico de dificultades coas que se pode atopar este alumnado, para poder abordar o seu proceso de ensino- aprendizaxe do modo máis produtivo. As relatoras tentaron que comprendésemos como nos perciben estes alumnos e alumnas, e facilitáronnos estratexias que nos axudarán no noso día a día. Ademais, temos o privilexio de contar cun Equipo Psicopedagógico moi formado neste aspecto, e coa colaboración dos pais dos nosos alumnos TEA.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.