Os alumnos de 3 e 4 de primaria participaron nunha actividade organizada polo Concello de Vigo.
A actividade, realizada en varios lugares da vía verde, para promocionar hábitos saudables como o de camiñar unha milla, tamén contou con outras actividades: búsqueda de nome de árbores no parque, actividades de equilibrio, puntería, circuito polo parque e circuito de obstáculos. Serviulles para tomar conciencia da importancia dos hábitos saudables e permitiulles traballar en grupo con nenos doutros cursos.