DÍA DO LIBRO

Hoxe día 23 de abril é o Día Internacional do Libro, unha conmemoración que se celebra en todo o mundo e que busca sobre todo, fomentar a lectura, pero tamén protexer e defender os dereitos de autor.
Pero… Por que celebramos o día do Libro o 23 de abril?
A lenda conta que o 23 de abril faleceron tres grandes autores da literatura; Willian Shakespeare, Miguel de Cervantes e Garcilaso De la Vega.
Desde o Colexio Monterrey unímonos a esta celebración e para iso relacionamos o día do Libro ao noso proxecto común de curso “ A auga”.
Durante esta semana, os alumnos do centro realizaron diversas actividades relacionadas coa auga en cada unha das materias. Estas actividades quedaron recollidas nun libro común que podedes ver neste vídeo ou na entrada do colexio.
A verdade que o resultado, superou as nosas expectativas …

“Non hai nada como un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre as xeracións e culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento.”
Irina Bokova ( Directora da UNESCO 23/04/2016).

VER LIBRO REALIZADO POLOS ALUMNOS

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.