DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

​ O pasado xoves, día 15 de febreiro , conmemorouse o Día Internacional do Cancro Infantil.

No noso centro unímonos á iniciativa da asociación “Bicos de papel” que traballa cos nenos oncolóxicos e as súas familias no Hospital Álvaro Cunqueiro , para elaborar un gran lazo dourado entre todos os alumnos, formado por cada un dos lazos aportados por cada neno.

Con este pequeno xesto, queremos lembrarnos de todos os nenos e nenas que padecen esta enfermidade e tamén das súas familias, mestres de apoio na casa, persoal sanitario e todas as persoas que lle axudan a superar cun sorriso esta dura proba

Ó rematar o lazo, lemos o seguinte manifesto, redactado pola doutora María Tallón:

Neste día 15 de febreiro celebramos o Día Internacional do Cancro Infantil. Un día que ten como obxectivos sensibilizar e concienciar sobre a importancia dos desafíos aos que se enfrontan os nenos, as nenas, e adolescentes e as súas familias; así como da necesidade de que toda a infancia en calqueira lugar do mundo teña acceso a un diagnóstico e tratamento precisos e a tempo. O reto que supón superar o cancro pode e debe ser unha realidade. Esta enfermidade que tanto asusta inicialmente, é curable nunha alta porcentaxe de casos cun diagnóstico temperá e cos tratamentos axeitados. Para conseguilo temos que loitar para que: 1º.- Todos os nenos e nenas con cancro sexan tratados en Unidades de Referencia, que a súa vez manteñan un bo nivel de colaboración e coordinación con oturos centros. Que se manteña un Rexistro Nacional de Tumores Infantís, coordinado coas distintas autonomías do país. 2º.- Xa que a detección temperá é un piar fundamental, debe forzarse un camiño claro dende a atención primaria nos centros de saúde ata o hospital. 3º.- Que a atención social, psicolóxica e educativa sexa unha realidade dende o momento do diagnóstico e ao longo de todo o proceso da enfermidade, tanto para o neno como para a súa familia. 4º.- Que se preste unha atención especial nos cuidados paliativos, xa se leven a cabo na casa ou no hospital. 5º.- Que se promova a investigación para conseguir tratamentos máis eficaces e cos menores efectos secundarios. Nos países desenvolvidos todas estas premisas, son alcanzables nun futuro próximo se as institucións, profesionais e familias traballamos unidos. Pero non hai que ignorar que unha porcentaxe elevada dos nenos con cancro vive en países en vías de desenvolvemento, onde o diagnóstico e o tratamento non se realizan correctamente. Máis da metade destes nenos e nenas non terá acceso a un futuro. Estos nenos e nenas tamén teñen dereito a medrar e en definitiva a VIVIR. Gustarianos que compartirades con nós a ilusión de que o solicitado a través deste manifesto sexa realidade en pro dos nenos e nenas que padecen esta enfermidade. Ademais, nun día como hoxe nos gustaría que, todos xuntos, dedicásemos a todos e cada un dos nenos que están nestes momentos sendo tratados de cancro, e a sus familias, uns minutos do noso tempo, un sorriso e un abrazo, para que sintan o noso apoio, o noso afecto, e que non esquezan que, sobretodo, cando todo volva á normalidade e regresen as súas escolas, nas súas aulas, serán recibidos como sempre: con xogos, sorrisos e alegría. E que os seus compañeiros e compañeiras non se esquezan deles nestes duros momentos. Porque xuntos sumamos

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.