DIBUCUENTO

O escritor Carlos Sanz saca á venda o seu primeiro libro infantil “historias no confinamento”. Trátase dun conto ilustrado con debuxos de nenos vigueses para darlles as grazas pola súa actitude durante o confinamento. Eles, os máis pequenos, que encerrados durante o confinamento, deron unha gran lección aos adultos porque cada día e sen perder o sorriso, buscaban formas diferentes de pasar as horas, ás veces, facendo as tarefas que enviabamos desde o colexio, e outras simplemente divertíndose. Algúns dos debuxos deste conto foron feitos polos nosos alumnos. Este libro podédelo atopar na librería Cativos.
Parabén a Carlos Sanz e aos nosos pequenos grandes artistas, polo bo traballo realizado!!

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.