Entroido, entroidiño
Xa chegaches co tempiño
Para disfrazarme no colexio
cos meus amiguiños.
Como xa é tradicional, celebramos o entroido enchendo de cor a rúa. O tema dos nosos disfraces foi “vida sa”: piñas, ensaladas, uvas, árbores, aguacates, sandías, cereixas. Grazas alumnos e familias polo traballo realizado e grazas tamén a todos os que nos acompañaron no paseo pola rúa.
Pola tarde, gran festa organizada pola anpa. Diversión para todos!!!