FARO DA ESCOLA

Non podemos estar máis orgullosos, hoxe 14 de xuño seguimos recollendo premios. Premio Faro da Escola na categoría de humor, especial cómic. O noso alumnado é unha parte moi esencial do que facemos na escola e por iso estamos moi contentos de poder compartir con eles os nosos éxitos cada día. Grazas a todos os que participastes neste proxecto, polo voso traballo, pola vosa implicación e polo voso esforzo. Grazas tamén a Faro de Vigo por contar con nós un ano máis.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.