FARO DA ESCOLA

O xoves 4 de Abril, pola mañá, visitáronnos Elias Regueira (maquetador) e Bruno Rodríguez (responsable da área de comunicación) do periódico Faro de Vigo e encargados do proxecto Faro da Escola. Proxecto que leva a cabo Faro de Vigo nos centros educativos, e no que participa o noso colexio por primeira vez. Nel, os nenos exercen como xornalistas creando o seu propio xornal, achegando así a importancia da información e a maneira de facer xornalismo aos nenos. Un pracer que viñésedes ao noso cole e teremos moi en conta todo o que hoxe nos  ensinachedes sobre a importancia da veracidade das noticias, para aplicalo no noso xornal. MOITAS GRAZAS.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.