GRAZAS POR UN NOVO CURSO

Hoxe comezamos un novo curso  escolar, pero para a familia Monterrey non é un curso como os demais. É un curso moi especial por moitas
razóns:
  *  Será o curso no que vexamos materializado en forma de edificio o proxecto, as ilusións e o  esforzo de todos os que formamos este equipo.
  *  Será o curso no que celebremos o noso 45 aniversario, apostando unha vez máis por ser pioneiros en aplicar metodoloxías que axuden aos
nosos alumnos e alumnas a desenvolver as súas capacidades.
  *  Pero sobre todo e como sempre, será unha nova oportunidade para esforzarnos en facer cada día mellor o noso traballo, no que seguramente
 cometeremos erros, pero aprenderemos deles para seguir mellorando.

    Moi feliz e produtivo curso a todos e todas!!



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.