INNOVANDO : METODOLOXÍA SINGAPUR

Os alumnos e alumnas de primeiro de Primaria teñen a sorte de comezar este curso cunha metodoloxía líder a nivel mundial para a aprendizaxe das matemáticas, que ofrecen moi poucos centros en Galicia na actualidade: o Método Singapur.     Este método baséase en fomentar a capacidade innata dos nenos e as nenas para explorar e descubrir, así como na práctica, a colaboración entre iguais e a resolución de problemas de maneira manipulativa e gráfica. Cada alumno contará co apoio de multitude de materiais manipulativos que lle facilitarán o camiño para a comprensión dos conceptos matemáticos abstractos.    Os docentes do departamento de Matemáticas do centro recibiron formación de mans dos mellores profesionais do método en España e seguirán facéndoo, para poder ofrecer ao noso alunmado todos os beneficios desta metodoloxía.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.