Segunda xornada do programa Inspira Steam, que en colaboración coa Universidade de Vigo, imparte a nosa mentora e tecnóloga Xosefina Alonso Nocelo.
Despois da primeira sesión conxunta, hoxe sesión dividida para mozas e mozos para traballar os estereotipos de xénero.
Os alumnos e alumnas analizaron publicidade, películas e situacións da vida cotiá, facendo un exercicio final de reflexión.