Dentro do seu proxecto “Saúde”, os alumnos de 6° de Infantil e 3° de Primaria gozaron dunha divertida e relaxante clase de ioga. A través de distintas posturas e exercicios de respiración, aprenderon a coidar o seu corpo e a súa mente, fomentando a concentración, o equilibrio e a calma. Unha experiencia moi positiva que gozaron moito!.