LEMBRANZAS FESTIVAL MONTERREY

Hoxe tería que ser un día moi especial, estariamos cos últimos ensaios e retoques, ademais dun feixe de nervios porque esta tarde sería O GRAN DÍA DO noso FESTIVAL.
Debido ao confinamento, este ano despois de moitos, moitos anos non o podemos celebrar. Son días de moito traballo, pero sobre todo de moita ilusión, por iso e dadas as circunstancias que estamos a vivir queremos lembrar, con este vídeo, este día tan especial para todos, alumnos, profes, familias e ex alumnos que tamén lembran con gran agarimo os festivais que viviron.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.