A IMAXE COMO FORMA DE EXPRESIÓN
Durante varias semanas os alumnos de 3º da ESO desenvolveron unha actividade co fotógrafo Fuco Reyes.
Con esta iniciativa denominada “o espello de Claude” os alumnos expresaron a través da imaxe, sentimentos, emocións, o seus gustos, a súas angustias, o que máis odian, o que máis adoran….demostrando o seu alto poder creativo. Agradecemos enormemente a Fuco Reyes por axudarlles a vencer eses medos nos que moitas veces están atrapados os adolescentes.