PROXECTO COÑECE O TEU BARRIO

Os alumnos de 6 de primaria dedicaron unha parte do curso para preparar anuncios publicitarios con cancións curtas para algúns negocios próximos ao centro.
Foi unha actividade moi enriquecedora e divertida, onde coñeceron máis de preto aos responsables dos comercios e as súas actividades.
Agradecemos a Cris e Darío, responsables da librería Cativos, a súa atención e simpatía. Un establecemento moi próximo ao colexio, con 40 anos de experiencia e unha ampla variedade de servizos.
Este equipo de traballo non puido ter máis sorte ao contar coa vosa colaboración. Grazas!!!

É a quenda agora do Mesón Palmeiras, un clásico renovado no que a comida caseira segue sendo o seu punto forte, completando os seus servizos con recollida no local e unha agradable terraza, estupenda como punto de encontro.
Susana, grazas polo teu agarimo, profesionalidade e detalles cos nosos alumnos.

Moitas grazas Fernando de @ biomedicvigo, centro de osteopatía, por compartir o teu tempo con este grupo de traballo. Aprenderon moito sobre a osteopatía e as demais disciplinas e servizos que ofrece a túa clínica. Ademais, cónstanos que todos vos divertistes, tanto na visita como na elaboración do anuncio.

Carnicería A Pasiva, un negocio familiar que aúna proximidade cos clientes con produtos de excelente calidade.
Grazas, Mª dos Ángeles por facernos un oco no teu atarefado día a día e concederlle aos nosos alumnos uns minutos para conversar sobre o teu negocio.
Eles mesmos definíronvos como incribles e moi agradables.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.