Ensinar ós alumnos a aprender a aprender e a pensar é o obxectivo principal, onde os valores e unha didáctica activa son os pilares fundamentais para preparalos para o futuro.
Outros pilares importantes son unha formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores morais dos alumnos en todos os ámbitos da vida: persoal, familiar, social e profesional. A metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe. A consideración da atención á diversidade mediante o plan de apoio aos alumnos con dificultades na aprendizaxe, ademáis das actuacións dirixidas aos alumnos con necesidades educativas especiais. A atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional. A participación e colaboración dos pais ou titores para contribuír á mellor consecución dos obxectivos educativos.
Desenvolvemento dunha ensinanza de calidade coidando a formación permanente e actualización do profesorado, seguindo o modelo calidade europea.